¡Benvid@!
A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra consciente da necesidade de facilitar formación á cidadanía do municipio pon ao dispor dos seus veciños esta Escola Virtual de Cursos gratuítos nos que poderás organizar a aprendizaxe ao teu ritmo, compatibilizando a vida laboral e persoal.
Presentación da Escola
Esta Escola Virtual de Formación gratuíta pon á túa disposición un completo catálogo de cursos multimedia e interactivos de diferentes áreas formativas, que te permitirá mellorar o teu perfil profesional.
Os cursos están deseñados utilizando recursos multimedia para a aprendizaxe de contidos e contan con exercicios e unha avaliación final, que a persoa rexistrada deberá superar para poder obter o correspondente diploma.
500 CURSOS
GRATUÍTOS
SOPORTE
TÉCNICO
CONTIDOS INTERACTIVOS
FORMACIÓN
ACTUALIZADA
*
*Cursos sobre áreas como: Recursos Humanos, Ofimática, Idiomas, Comercio, Deseño, Administración, etc.